A Coruña volverá gozar este 2022 do seu tradicional Entroido, que engadirá nesta edición diferentes citas musicais encabezadas pola banda Varry Brava. Así o anunciou a alcaldesa Inés Rey durante a inauguración da exposición conmemorativa dos 40 anos da Asociación Lúdico-Cultural Os Maracos. Este ano o lema das festas será ‘Volve o Antroido máis auténtico’, empregando a palabra utilizada na cidade para dicir Entroido, en referencia ao regreso das actividades tradicionais destas celebracións.
A programación estenderase desde este 17 de febreiro coa mostra dos Maracos ata o próximo mércores 2 de marzo co enterro da sardiña en Santo Amaro. «Afondando na aposta deste Goberno municipal pola Coruña como potencia cultural de primeiro orde, poñemos en marcha unha das programacións de Entroido máis ambiciosas en anos», sinalou Inés Rey.