O Concello da Coruña tomou medidas ante a seca e pedirá aos concellos da área que, entre outras cousas, reduzan baldeos e regas e prohiban o lavado de coches fóra de establecementos autorizados. Segundo indicou o Consistorio coruñés, pedirase aos concellos aos que fornece auga desde o encoro de Cecebre que tomen “medidas de concienciación cidadá en fogares e empresas”.
Debido á seca, limitaranse os usos non prioritarios polo que se reducirán baldeos e limpeza de edificios e regas en zonas públicas e privadas ao estritamente necesitalo, ademais de limitar o enchido de piscinas. O Concello da Coruña decidiu pechar as fontes e as instalacións ornamentais e decorativas e prohibe o lavado de coches fóra de establecementos non autorizados. Ademais, reforzará o seguimento dos consumos e o control de presións nos distintos sectores da rede e tentará minimizar as perdas.