A Coruña reforzará o servizo de conservación e mantemento das súas áreas verdes

O Concello da Coruña aprobou este xoves, a licitación do servizo de conservación, mantemento e mellora da infraestrutura verde e azul da cidade. O Goberno de Inés Rey, a través da Concellaría de Medio Ambiente e Sostibilidade, dispón dun orzamento récord orientado a reforzar o tratamento e seguimento de todas as áreas verdes no termo municipal: serán case 23 millóns de euros -7,6 anuais- para a licitación de cinco lotes. Unha vez adxudicados, o servizo terá unha duración mínima de tres anos, que serán prorrogables por dous máis ata un máximo de cinco.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha