A Coruña repartirá máis de 30 premios nos concursos do Entroido

1 minutes read

O Concello da Coruña, a través da súa Área de Fomento e Promoción da Cidade, acaba de abrir a inscrición nos diferentes concursos do Entroido 2024. As bases para participar nos certames de comparsas, carrozas e choqueiros xa están dispoñibles na páxina web municipal para as persoas interesadas. Repartiranse máis de 30 premios en total, cun importe máximo de 20.000 euros.

Os concursos abranguen a competición de comparsas (en dúas modalidades: música e letra; e vestiario, coreografía e orixinalidade); a de carrozas; o concurso infantil de disfraces (en dúas modalidades: individual; e en grupo); e o concurso de choqueiras e choqueiros, que tamén se desenvolverá baixo un dobre formato, ideado tanto para adultos como en categoría infantil. O prazo de presentación de solicitudes de participación, no caso dos concursos de comparsas e carrozas, é de dez días naturais, que se contarán a partir deste sábado 13 de xaneiro.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?