- O Concello pídelles aos condutores que eviten estas prácticas non permitidas ante o elevado número de sancións
O concello de A Coruña alerta ós conductores de que respeten as normas e eviten estacionar en zonas prohibidas, debido ás 4.200 incidencias rexistradas desde o 1 ata o 20 de novembro.
Os datos de novembro reflicten un aumento das multas ante a posta en marcha das cámaras situadas nos semáforos e a campaña a pé realizada polos axentes da Policía Local. Achéganse precisamente estes números por seren os máis exactos, posto que en outubro moitos dos dispositivos estaban configurándose e creaban incidencias, pero non todas derivaban en sanción. Desde o 1 de novembro están todas as cámaras operativas, por iso os resultados son máis fiables ao estaren en pleno rendemento os visores que están situados en Juan Flórez, Rolda de Outeiro, Médico Rodríguez /Doantes de Sangue, Mestre Mateo, Calvo Sotelo e Santo André.
Do 1 ao 20 de novembro producíronse un total de 4.206 incidencias, se ben é certo que se empezou a observar nas vías unha progresiva diminución da dobre fila desde o inicio da campaña. Aínda así, cómpre lembrar que nestas rúas calquera aparcamento, malestacionamento, dobre fila, ou parada en pasos de peóns que supere o límite de tempo establecido no código de circulación será sancionado automaticamente. En concreto, un dos puntos máis altos de incidencias rexistrouse na cámara de Juan Flórez con Médico Rodríguez, onde se xeraron 160 multas nun so día por vehículos enriba das beirarrúas, dobre fila, estacionamentos en pasos de peóns ou en tripla fila.