A coruñesa cidade deportiva Arsenio Iglesias contará cunha cafetería

1 minutes read

O Concello recibiu o informe favorable do Consello Territorial do Patrimonio Cultural de Galicia para instalar na cidade deportiva Arsenio Iglesias da Torre de Hércules unha cafetería que lles dará servizo ás máis de 18.400 persoas que utilizan cada mes este espazo. O informe sinala que a creación desta estrutura non afecta os bens protexidos da contorna e cumpre polo tanto coa normativa.

Deste xeito, desbloquéase un proxecto esencial e necesario que levaba paralizado desde o ano 2015. Trátase dunha histórica demanda de equipos e entidades que empregan estas instalacións municipais, así como de familiares que acompañan os miles de mozos e mozas que practican neles diferentes deportes.

O proxecto da cafetería supón a instalación dun módulo metálico prefabricado que quedará asentado na cara leste do edificio do frontón da Torre. A cafetería quedaría deste xeito oculta desde a Torre de Hércules, un dos requisitos patrimoniais existentes. O obxectivo é que os traballos, que empezarán nos próximos días, queden rematados ao longo do verán (o prazo de execución é de tres meses) e, deste xeito, a nova cafetería dea servizo xa ao inicio da próxima temporada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?