Covid-19 Costa da Morte: aumentan os casos en Muxía e Camariñas

Hospital de Cee.

A pandemia da Covid-19 segue estendéndose con rapidez nesta segunda vaga e, nas últimas semanas, foise asentando en diferentes concellos da Costa da Morte. Actualmente, segundo fontes da Consellería de Sanidade, no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee hai 11 ingresados por coronavirus, 1 menos que este xoves.

Este venres entran en alerta amarela os concellos de Muxía e Camariñas debido a un aumento de positivos.

Municipios en alerta:

  • Vermella (nivel 3, máis de 21 positivos nos últimos 7 días): Carballo, Cabana, Malpica, Coristanco e A Laracha.
  • Laranxa (nivel 2, entre 14 e 21 positivos nos últimos 7 días): Vimianzo, Ponteceso.
  • Amarela (nivel 1, entre 7 e 14 positivos nos últimos 7 días): Dumbría, Muxía, Camariñas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha