O alumnado de Vimianzo mobilizábase baixo o lema ‘Abre os ollos’
O alumnado de Vimianzo saíu este martes á rúa con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres para amosar o seu compromiso na loita contra a violencia machista.
Durante a xornada, os escolares fixeron entrega aos establecementos adheridos á campaña municipal deste 25N dunhas caixas que no seu interior conteñen unha mensaxe que eles mesmos escribiron e unha pulseira. O obxectivo é repartir as caixas entre a clientela para que, así, as mensaxes cheguen á cidadanía.
Desta maneira preténdese xerar conciencia sobre a necesidade de non permanecer inmóbiles ante a violencia machista e reivindicar que esta pode manifestarse de moitas maneiras.
Baixo o lema ‘Abre os ollos’, a acción busca visibilizar esta problemática e reivindicar a importancia da educación e a implicación colectiva.
O alumnado de Vimianzo mobilizábase baixo o lema ‘Abre os ollos’
Acto en Cabana de Bergantiños.
Carballo volveu saír á rúa para dicir non á violencia de xénero. A concentración anual do 25 de novembro foi unha chamada de atención sobre o auxe da violencia dixital contra a muller, arredor da cal xira a declaración institucional que aprobou onte o pleno e liu hoxe a concelleira de Igualdade, Maica Ures. Pero foi tamén unha reivindicación da necesidade de implicación de toda a sociedade. E foi un canto de esperanza simbolizado en forma de flores de cor violeta e da fermosa interpretación musical ofrecida polo conxunto de violoncellos do Conservatorio Profesional de Música de Carballo.