O Dolmen de Dombate abre o calendario anual da revista Viajes de National Geographic que dedica este 2021 á promoción dos recursos turísticos da provincia a través da Deputación da Coruña. Serán doce meses para difundir algúns dos principais lugares de interese da provincia nunha das revistas máis prestixiosas do sector.
Desde o Dolmen de Dombate que abre o mes de xaneiro até o mosteiro de Caaveiro que pecha en decembro, o tradicional almanaque da revista Viajes da National Geographic visita lugares singulares pola súa riqueza paisaxística como o estuario do río Anllóns, o porto de Corme, o miradoiro da Curota, o Ézaro, a serra da Capelada, a praia do Pindo, a paisaxe de Traba e as dunas de Corrubedo ou o Monte Louro e a lagoa das Xarfas.
Tamén recolle o prestixioso calendario recursos patrimoniais e artísticos como a catedral de Santiago de Compostela no mes de xullo deste ano Xacobeo, o Castro de Baroña,a Torre de Hércules, o monumento o Mirón de Arteixo , o hórreo en Nantón, o Dolmen de Axeitos ou os museos navais de Ferrol.