A Costa da Morte logra o selo turístico Starlight

Así o confirmou a Fundación que outorga este selo á Costa da Morte Asociación Turística (CMAT). O xeodestino está integrado por 17 concellos da provincia da Coruña: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas. Con esta distinción intégrase, desde xaneiro de 2023 á rede internacional de astroturismo. Tras os traballos realizados durante 2022 pola CMAT e o proceso de análise e auditoría realizado polo equipo técnico da Fundación Starlight, confirmouse que a Costa da Morte superou os requisitos para obter este prestixioso selo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha