A Costa da Morte súmase á lembranza dos atentados do 11M de 2004 en Madrid

Minuto de silencio na Laracha.

A Costa da Morte celebrou este luns diferentes homenaxes en lembranza ás vítimas dos atentados do 11M, que este ano conmemora o seu 20 aniversario. A Laracha, na foto superior, foi un dos concellos que se sumou a todos os que se están rendendo en España para honrar a memoria dos 192 asasinados e case 2.000 feridos no maior ataque terrorista cometido en Europa hai vinte anos. O 11 de marzo designouse como o Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo, é un momento para reflexionar sobre a traxedia que afectou a tantas familias e para reafirmar o compromiso coa paz e a solidariedade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha