A Costa da Morte terá este verán 16 Bandeiras Azuis

  • O máis significativo é a recuperación da insignia pola praia de Laxe.

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) fixo pública a listaxe de praias con bandeira azul, que ten como principal obxectivo estimular o cumprimento da Directiva de Calidade de Augas de Baño da UE. A Costa da Morte terá 16 bandeiras azuis este verán, dez nas praias, tres en carreiros, dúas en centros azuis e unha en portos, que cada ano outorga a Asociación. A zona suma unha bandeira máis que o verán pasado, ao recuperar a de Laxe, perdida no 2019. Carballo mantén as tres: Pedra do Sal, Razo e Saíñas. Ponteceso tamén segue coas mesmas: A Ermida, Balarés e O Osmo. Ézaro (Dumbría), Caión (A Laracha), Arou (Camariñas) e a de Laxe completan a lista.