43
Un tremor de magnitude 3.3 graos na escala de Richter, que mide as intensidades do 1 ao 10 afectou na madrugada deste sábado á costa galega, con epicentro baixo a auga ao norte das costas de Malpica na Coruña.
Dacordo cos datos do Instituto Xeográfico Nacional o sismo rexistrouse ás 2.00 da madrugada a unha profundidade de 15 quilómetros e a unha distancia de 47 quilómetros do punto máis próximo en terra, o cabo de San Adrián de Malpica.