En marcha de xeito oficial a Credencial Dixital do Peregrino, unha aplicación móbil que permitirá aos peregrinos portar no seu dispositivo electrónico a súa credencial do Camiño de Santiago, coa que certificar a súa peregrinación e obter a Compostela mediante o escaneo de códigos QR que atoparán en diferentes puntos do seu itinerario como parroquias e albergues.
A presentación tivo lugar nun acto no que participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o director de la Fundación Catedral, Daniel Lorenzo e o delegado de peregrinacións da Catedral de Santiago, Segundo Pérez. Castro destacou que esta nova ferramenta encádrase no proceso de mellorar a experiencia do peregrino a través da posta en marcha de “iniciativas como esta que se encadran no proceso de dixitalización e implantación dun camiño seguro”.
Todos os participantes no acto coincidiron en destacar que a app non substitúe á credencial tradicional, senón que a complementa, co obxectivo de mellorar a experiencia da peregrinación no que atinxe a evitar contactos interpersoais non imprescindibles e axilizar os selados.