A Croa do Castro a debate no Salón de Plenos de Malpica


O Concello de Malpica convoca ao tecido asociativo de Cerqueda a unha reunión no Salón de Plenos este sábado 21 de decembro, para informar a veciñanza sobre a situación da Croa do Castro, na que se retomarán os traballos. Será ás 19:00 horas e terá o carácter de ‘xuntanza aberta’, para que poidan asistir todas as persoas que así o desexen. Os veciños e veciñas poderán realizar as súas achegas.

Croa do Castro é un xacemento que ten forma ovalada e está rodeado na súa totalidade por un parapeto defensivo. Desde o Concello convidan a todo o mundo a participar na mesma, xa que “estamos convencidos de que este encontro supoñerá unha achega de ideas e liñas de actuación na posta en valor do noso Patrimonio”, sinalan.