A CRTVG di que non emitiu a gala dos premios de teatro por culpa dos propios actores

O director da emisora pública acusa á organización dos premios María Casares de pedir emisión en directo e que lles pagasen o sobrecusto da iluminación, xustificando así que por vez primeira os galegos non puidesen ver en directo a gala de premios do seu teatro.

O director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, defendeu o «dereito á liberdade de expresión» e «creación artística» e alerta do «perigo» de sacar o humor de contexto, tras as críticas do Partido Socialista ao «machismo» do programa Land Rober e á súa utilización política coa » sobreexposición» do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Por outra banda, na comisión parlamentaria, a deputada do BNG Olalla Rodil criticou que por primeira vez este ano a TVG non emitise a gala dos Premios María Casares de teatro, que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, nunha decisión que achacou á «soberbia» da dirección da corporación e ao «deixamento» cos sectores culturais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha