27
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou xunto á presidenta autonómica de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro, e os catro presidentes provinciais da organización nun percorrido para conmemorar o peche do programa Contigo no Camiño, no que a Xunta colaborou con Mapfre e Cruz Vermella para dar resposta a situacións de emerxencia no Camiño de Santiago. No marco desta iniciativa, ao longo de agosto e setembro atendeuse a máis de 1.200 peregrinos, tanto con asistencia de primeiros auxilios como información sobre rutas, albergues e situación e horarios doutras instalacións.
