A Cruz Vermella fai un chamamento de axuda cara aos anciáns que viven sós

1 minutes read

Xestos simples como unha chamada telefónica, escoitalos e preguntar se precisan algo pódeos axudar moito. Este vai ser un Nadal moi diferente, pero non tanto para aquelas persoas que xa viven durante todo o ano en soidade. Por iso, desde a Cruz Vermella fan un chamamento de axuda aos anciáns que viven sós este Nadal. A Organización Mundial da Saúde alerta de que a soidade é un factor determinante á hora de aumentar a deterioración física e psíquica dos nosos maiores. Os anciáns socialmente illados sofren máis tristeza, angustia e depresión. Segundo o Instituto Nacional de Estatística, máis de dous millóns de persoas maiores de 65 anos viven soas en España, unhas 128.000 están en Galicia e o 75 por cento delas son mulleres. Esta soidade acrecéntase máis coa pandemia e as restricións. Desde a Cruz Vermella fan este chamamento solidario para intentar axudalos.