A cuarta planta de biorresiduos da Xunta estará ubicada no concello de Verín

1 minutes read

Concretamente no Polígono empresarial de Pazos. Así o adiantou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita á parcela na que se ubicará.

Os terreos que albergarán a cuarta planta -que dará servizo a 24 concellos da provincia- suman unha superficie de case 12.000 metros cadrados, dos cales 3.500 se disporán para a nave pechada que implica esta instalación. Ao igual que a que se instalará na provincia de Lugo, terá unha capacidade de tratamento, ata 3.000 toneladas ao ano de fracción orgánica de residuos domésticos e outras 1.600 Tn de podas e restos de madeira.

Con este material, o obxectivo é acadar unha produción de 1.500 Tn anuais de compost de alta calidade, que se destinará ao sector da agricultura como abono natural e sostible en substitución dos fertilizantes artificiais.