A cuarta xornada da Liga Galega Alevín nádase en Carballo


O vindeiro sábado día 24 de abril de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 4ª xornada da Liga Galega Alevín en horario de tarde (16:00 horas). A competición levaráse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado. Ademáis haberá 2 turnos diferenciados de quecemento e competición, 1 feminino e outro masculino e non se nadarán as tradicionáis probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación por clubs, baixo acreditación e de xeito graduado. Desta volta o equipo alevín da AD.Fogar formarano 27 nadadores-as, das cales 14 pertencen á categoría feminina e os 13 restantes á masculina. Logo da 1ª xornada os da AD.Fogar van 5º dos 27 equipos que conforman a categoría.