A cultura chega a Carballo con moita forza

Presentación del programa "Cultura con forza"_Ayuntamiento de Carballo

  • Entre marzo e maio desenvolveranse máis de 25 actividades en varios espazos como o Mercado Municipal ou o Pazo da Cultura

«Cultura con forza». Iso é o que terá o concello de Carballo durante os próximos meses grazas a unha programación onde se demostrará a través de 25 actividades que a cultura galega é «fértil e segura», aseguran desde a executiva local. Teatro, exposicións, danza, longametraxes ou documentais encherán o Pazo da Cultura de Carballo, o Mercado Municipal ou a Biblioteca Rego da Balsa ata o mes de maio.

O público poderá desfrutar de actuacións novidosas pero tamén das propostas máis clásicas como os Venres Culturais, Primavera en Danza ou Amal en Ruta.

Un formato excepcional e seguro
O concelleiro de Cultura en Carballo, Marcos Trigo, cualificou como “unha idea moi afortunada» a posta en marcha desta programación e expresou o seu desexo de que o vindeiro ano non sexa preciso repetila porque «iso significaría deixar atrás a pandemia».

Por suposto, toda esta programación seguirá a dinámica de #culturasegura, un lema que na localidade carballesa levan usando desde os últimos meses e que tamén estará presente nesta ocasión: aforos limitados, uso obrigatorio de máscara, utilización do xel desinfectante, organización das entradas e saídas do local, etc. Ademais, desde o Concello volven apostar polas retransmisións en streaming tras o éxito alcanzado nos anteriores espectáculos.

O alcalde, Evencio Ferrero, destacou que “a roda da cultura non pode parar nunca” xa que cada día se fai máis evidente que é «necesaria».

Consulta aquí a programación completa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha