- Ata o 30 de xullo realizaranse obradoiros de skate, cursos de rap e beatbox ou talleres de parkour
Este luns inaugurouse no concello de Vimianzo a semana de actividades ligadas á cultura urbana e dirixidas á rapaces de entre 12 e 18 anos. Nesta primeira xornada desenvolvéronse un taller de breakdance e outro de graffiti. Ao encontro achegáronse a concelleira de Xuventude, María José Pose, e a técnica de Cultura e coordinadora do programa, Nieves Lema.
Do 26 ao 30 de xullo tamén se realizarán obradoiros de parkour, skate ou estampación de camisetas stencil, ademais de cursos musicais de rap, beatbox e DJ. Tamén haberá espazo para talleres deportivos de slackline e fútbol.
As diferentes actividades levaranse a cabo a través de Vella Escola, entidade especializada na organización de eventos e a xestión do ocio creativo, conformada por un gran equipo de músicos, artistas, bailaríns e deportistas profesionais do mundo da cultura urbana.