O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, clausurou o acto de campaña na praza de touros de Pontevedra xunto ao presidente e candidato á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o expresidente do Goberno, Mariano Rajoy. No acto, tamén interveu o presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda e asistiu o vicesecretario de Participación, Jaime Olano.