A cúpula do PSdeG-PSOE pechou campaña en Vimianzo

Abarrotado estivo o acto de peche de campaña celebrado polo PSdeG-PSOE este venres na capital da comarca de Soneira, alí a alcaldesa de Vimianzo Mónica Rodríguez reclamou a posta en servizo do parque empresarial e solidarizouse coas familias de Zas que reclamaban á Xunta un servizo de pediatría digno no seu concello. Acto seguido o candidato ao Congreso Pablo Arangüena dixo que se trataba dunhas eleccións transcendentais, a hora de elexir o futuro que ofrece Pedro Sánchez ou o estancamento do pasado da dereita, atacou duramente a Feijóo e a sua política fiscal, ao que tildou de vendedor de preferentes e rémora da política, e rematou agradecendo a ministra de Sanidade e a Pedro Sánchez a retirada da momia de Franco dos Caídos. A Deputada Pilar Cancela convidou a Feijóo a convocar eleccións autonómicas cando queira, según dixo, o PSdeG está preparado, ten candidato e ten proxecto.

Gonzalo Caballero

Gran ovación para recibir ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen afirmou na sua intervención que “Un goberno de PP, Vox e Ciudadanos sería unha bomba nuclear para as liberdades políticas e os dereitos sociais”, advertiu o líder do PSdeG, consciente tamén dos efectos que tería esta coalición sobre o autogoberno galego e a defensa da nosa lingua e a nosa cultura.

É así que, dende Vimianzo, acompañado pola ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, o dirixente socialista chamou a rexistrar o domingo “unha mobilización masiva” que free o “retroceso” que suporía ter a Abascal como “vicepresidente dun goberno presidido por Casado”. “Alguén pode imaxinar a Casado como presidente?”, bromeou.

Deste xeito, Gonzalo Caballero advertiu de que Casado “está controlado dende dentro do PP por Aznar e dende fóra por Vox”, “unha ultradereita racista, xenófoba, machista” que trae consigo un “risco de involución” a todos os niveis. Así é que pediu “castigar nas urnas” á dereita “sen escrúpulos” para pactar coa extrema dereita.

“A coalición da dereita coa extrema dereita implicaría un ataque ao estado do benestar, aos dereitos das mulleres e das persoas LGTBI, ao autogoberno galego e á liberdade de opinión e prensa”, recalcou, ao tempo que chamou a atención sobre que “o PP segue sendo o partido que asumiu a corrupción institucionalizada, e Casado o conseguidor de títulos universitarios pola porta de atrás”.

“O VOTO ÚTIL”

Ao fío disto, o secretario xeral do PSdeG pediu “o voto útil a todos os que sinten a esquerda e que non perdoan que o seu voto non servira para apoiar a un presidente socialista”, e tamén a “todos os descontentos do PP e de Ciudadanos que rexeitan os seus acordos coa ultradereita”.

“Necesitamos -dixo- un goberno progresista forte e estable que siga facendo políticas orientadas á mellora das condicións de vida da cidadanía”, aludindo así á suba das pensións, dos soldos dos funcionarios públicos e do salario mínimo, á universalización da sanidade ou ao incremento das bolsas dos estudantes.

Pechou o acto a ministra de Sanidade en funcións, María Luisa Carcedo, falou de política social para vivir e respirar dentro do marco democrático, pediu todo o apoio para recuperar a xustiza social e facer un novo estatuto dos traballadores.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha