A ministra de Sanidade en funcións pechará campaña en Vimianzo coa cúpula socialista galega

O PSdeG valora o apoio masivo recibido en votos na comarca nas pasadas eleccións municipais elixindo a Costa da Morte para o seu mitin central de peche de campaña de cara ás Xerais do vindeiro domingo 10 de novembro.

Promo mitin PSdeG-PSOE en Vimianzo.

A cita será este venres 8 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vimianzo, baixo o lema !Agora Si!, alí está confirmada ademais da presenza, a intervención de Mónica Rodriguez, alcaldesa de Vimianzo, José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría, Pablo Arangüena, candidato ao Congreso, Gonzalo Caballero, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, e a ministra de Sanidade en funcións, María Luisa Carcedo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha