A ‘Danza Rosa’ de Camariñas conmemorará o 18 de outubro o Día Internacional contra o Cancro de Mama

Como xa é habitual, o Concello de Camariñas organiza unha ‘Danza Rosa’ para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. O sábado 18 de outubro as rúas do municipio tinguiranse de cor cos panos e arcos rosas en apoio ás persoas enfermas de cancro.

A actividade, en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer, consiste nunha andaina e danza de arcos. As persoas participantes sairán desde a praza do Concello ás 16:30 horas. Unha vez rematada a marcha, representarase a obra de teatro ‘Os contos non enchen’.

As persoas interesadas en participar na Danza Rosa poden apuntarse nos teléfonos 687 720 470 e 653 188 009. Ao inscribirse recibirán a demandada camiseta da Mostra do Encaixe co lema ‘Camariñas un mar de piques’ co donativo de 7 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer.

Related posts

Malestar entre varias persoas que chegaron o sábado a Coristanco polo anuncio dun ‘falso concerto’ de Camela

A Xunta estende ao sistema do río Anllóns a prealerta por escaseza moderada de auga

Un dron ruso mata a un cidadán español mentras rescataba feridos co exército ucraíno