A dedicación do alcalde de Laxe ao Concello veráse mermada ao ser deputado provincial, di o BNG

1 minutes read

José Luis Pérez Añón tomou posesión o pasado venres como deputado provincial en sustitución do alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño.

Por este motivo o BNG de Laxe emitiu un comunicado no que afirma que deste xeito o alcalde de Laxe “verá mermado aínda máis o seu tempo de dedicación ao Concello ao ter que asistir con periodicidade mensual aos Plenos ordinarios e extraordinarios que convoque a Deputación da Coruña así como ás 4 Comisións das que previsiblemente será membro”.

“E por elo tamén pasará a cobrar, a maiores da media dedicación no Sergas e a media dedicación no Concello, unha nada desdeñable compensación económica máis pola asistencia mensual ao pleno provincial e ás 4 Comisións, previsiblemente as mesmas ás que asistía o seu antecesor”, e que son as seguintes:- Comisión de Contratación, Patrimonio Provincial e Equipamento – Comisión de Economía, Facenda, Especial de Contas, Persoal e Réxime Interior- Comisión de Promoción Económica e Asistencia a Municipios- Comisión de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible.

“Se ata o de agora a súa dedicación ao concello de Laxe deixaba, ao noso parecer, moito que desexar, a partir de agora aínda se verá moito máis mermada”, conclúen dende o BNG.