A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, presentou a súa renuncia ao cargo tras ser condenada a dous anos de cárcere e oito de inhabilitación por prevaricación e fraude e anunciou que recorrerá a sentenza para defender a súa «honorabilidade» e «o seu proceder» durante a súa etapa como alcaldesa de Moraña.
Así o manifestou este venres nunha comparecencia que tivo lugar na sede provincial do PP en Pontevedra horas despois de que se fixese pública a resolución do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra. Así, Piñeiro, que se deu de baixa do partido, incidiu en que a sentenza non é firme e mostrouse «sorprendida» ante a mesma, pero decidiu renunciar ao seu cargo para «non prexudicar ás institucións que representa».