A demanda obriga a reforzar o servizo de recollida de voluminosos de Ponteceso

1 minutes read

A avalancha de novos veciños que veñen ocupar as súas segundas vivendas fixo que se saturase o servizo de recollida de voluminosos do Concello de Ponteceso.
«Tiña chamadas de veciños que me pedían solucións, porque o noso concesionario do punto limpo dáballes cita para xaneiro para librar de mobles e enseres vellos as súas segundas vivendas. Coa pandemia queren estar aquí en Ponteceso e preparar as súas casas. Por iso reforzamos o servizo», declarou o alcalde, Lois García Carballido.
O teléfono para pedir a recollida é o 981 718 253, e funciona de 08.00 a 15.00 horas, de luns a venres.

Reforzo do punto limpo de Tella

O punto limpo do parque empresarial de Tella tamén viu incrementada a súa actividade. O horario é de luns a sábado de 10.00 a 13.00 horas. Xoves e venres tamén pola tarde, de 15.00 a 18.00 horas.
Os particulares poden acudir a depositar enseres en pequenas cantidades. As empresas deben ter os seus propios servizos de residuos, tal como recolle a lei galega.