A Deputación acometerá obras de mellora na estrada de Boiro a Cabo de Cruz

Cedida.

Así llo confirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, ao alcalde de Boiro, José Ramón Romero, durante a visita que realizou ao municipio.

“A mellora deste vial é fundamental, xa que une os dous núcleos de poboación mais grandes do municipio. Coa execución do carril bici nos catro quilómetros vanse mellorar tamén as conexións peonís e aumentar os quilómetros de carril bici dispoñibles no municipio”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Pola súa banda, Valentín González Formoso destacou que o proxecto, que será financiado a través do Plan de Conservación de Estradas, suporá un investimento aproximado de 450.000 euros “para unha das principais vías de comunicación de Boiro” e apuntou que, ademáis de renovar completamente a pavimentación entre os PK 0 e 4, as obras incluirán a construción dun carril bici nunha das marxes . O proxecto incluirá o repintado das marcas viarias e instalación de nova sinalización vertical, así como a dotación de material e sinalización do carril bici que se estenderá ao longo dos catro quilómetros do vial.