A Deputación agradece ao sector do transporte o esforzo realizado durante a crise da Covid19

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o vicepresidente, Xosé Regueira, reuníronse na sede da institución provincial co presidente e o secretario da Federación Galega de Transporte de Mercancías (Fegatramer), Ramón Alonso Fernández e José Carlos García Cumplido.

González Formoso trasladou aos representantes da federación «o agradecemento de toda a sociedade coruñesa polo gran traballo e o esforzo realizado polo sector do transporte durante a crise da covid19».

«O transporte é sempre un sector importante, pero no estado de alarma poidemos comprobar como é de esencial e imprescindible. Cando todos estábamos na casa, os camioneiros seguiron traballando cada día para garantir o abastecemento dos productos de alimentación, sanidade ou farmacias», afirmou o presidente, que pediu «non olvidar o papel fundamental que, xunto co sector sanitarios, tivo este colectivo durante a crise».

Tamén Xosé Regeuira abundou no importante papel desenvolvido polo colectivo durante o confinamento para garantir o funcionamento dos servizos máis esenciais.

Pola súa banda, o presidente de Fegatramer, Ramón Alonso, agradeceu a invitación do presidente a esta reunión, así como o apoio prestado pola Deputación con iniciativas como o punto de descanso e aseo para transportistas instalado en Sabón (Arteixo), ao que seguiron outros en diversos lugares da provincia e de Galicia. «Os camioneiros tiveron moitos problemas nas primeiras semanas, non había onde ducharse ou tomar un café», lembrou Alonso.

«Agradecemos que o presidente da Deputación da Coruña recoñeza a labor feita polos transportistas nesta pandemia», apuntou  Alonso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha