A Deputación apoia a 188 clubs e entidades deportivas da provincia


A Deputación da Coruña destina este ano máis de 633.000 euros para apoiar a 188 clubs e entidades da provincia no fomento de actividades deportivas e na mellora das súas infraestruturas e equipamentos.
Faino a través da concesión definitiva de dúas liñas de subvencións que, por unha banda, permitirán apoiar a 111 clubs e entidades sen ánimo de lucro na realización de actividades e axudarán a outras 77 asociacións deportivas na construción de novas infraestruturas, mellora das existentes e adquisición de novos equipamentos para a práctica do deporte.
Con esta axudas colabora coas entidades en cuestións que van dende a adquisición de material de adestramento e competición até a compra de embarcacións e vehículos, pasando por obras de rehabilitación e reforma de instalacións deportivas. As axudas oscilan entre os 1.400 e os 7.500 euros.