A Deputación apoia a 5 agrupacións e asociacións de Protección Civil da Costa da Morte


A Deputación da Coruña dá apoio a 5 agrupacións e asociacións de Protección Civil da Costa da Morte no desenvolvemento das súas actividades.

As subvencións permitirán financiar a adquisición de vestiario, equipamento técnico, outros bens necesarios para o desenvolvemento das actividades, a posta en marcha de agrupacións ou accións formativas, entre outras.

As contías da axudas oscilan entre un mínimo de 1.587 euros e un máximo de 5.400 euros e beneficiarán aos equipos de Protección Civil dos concellos de A Laracha, Malpica, Vimianzo, Coristanco e Muxía.

O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García, destacou a importancia destas axudas “para manter unhas agrupacións que fan un traballo esencial nos municipios da provincia, un labor que durante este ano de pandemia, ademais de moi necesario foi impecable”, destacou.

14 agrupacións máis da provincia da Coruña tamén se beneficiarán destas axudas da Deputación que contan cun orzamento total de 60.000 euros.