Importante aportación económica da Deputación aos entes de xestión do turismo

1 minutes read
  • Preto de 200.000 euros serán destinados directamente a cinco entidades de xestión turística da Costa da Morte.

Máis de un millón de euros é o orzamento que a Deputación da Coruña destina aos entes de xestión turística da provincia a través dunha liña de axudas coa que quere contribuír á recuperación do sector. O vicepresidente e deputado da área, Xosé Regueira, considera que son clave para a colaboración entre as administracións e o sector privado en superar a crise provocada pola pandemia do coronavirus.

No que ateiga a Costa da Morte, o reparto queda do seguinte xeito:

ASOC. PROFESIONAL DE EMPRESARIOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO A FISTERRA-MUXIA47.837,80 €
ASOCIACION EMPRESARIOS E DE PROMOCION TURISTICA CAMARIÑAS46.072,00 €
ASOCIACION RURAL DE DESENVOLVEMENTO DA RIA DE MUROS-NOIA41.600,00 €
ASOCIACION SOCIO-CULTURAL AUGA E SAL26.876,12 €
COSTA DA MORTE ASOCIACION TURISTICA C.M.A.T.36.000,00 €

«Os próximos meses van ser duros e tamén decisivos para o futuro dun sector que terá que adaptarse ás exixencias sanitarias e que precisará o apoio das administracións con medidas extraordinarias porque é clave na empregabilidade e no desenvolvemento económico do país», sinala Xosé Regueira que apunta tamén a necesidade de afortalar as novas vías que abre a actual situación que apostan por un turismo de proximidade e sustentábel.