O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos o proxecto para o ensanche, mellora de trazado e do firme da estrada provincial DP-7084 Val do Dubra-Santiago de Compostela.
O proxecto contará cun investimento de 1.167.967,70 euros e suporán importantes melloras da seguridade neste tramo de 3,5 quilómetros, que conta cun elevado volumen de tráfico que conecta o núcleo compostelán de Miramontes coa intersección da estrada DP-0701.
A Deputación xa aprobara hai dous anos un proxecto de mellora para esta estrada, que non pudo executarse debido á falta de autorizacións de Augas de Galicia, polo que unha vez adaptado o proxectos ás esixencias administrativas deste ente, o pleno deu hoxe luz verde definitiva a esta obra, que xa conta coas expropiacións de terreos completadas.
As obras suporán a ampliación da plataforma do vial ata os 9 metros (7 metros de calzada e 1 metro de beiravía en cada unha das marxes), a mellora do trazado en determinadas curvas e a pavimentación do tramo con macadam e zahorra artificial, ademáis da instalación dun sistema de drenaxe lonxitudinal con tubo de formigón, sistema de recollida de pluviais nos tramos onde hai beirarrúas e dotación de nova sinalización horizontal e vertical.