A Deputación aproba fondos para a traída de auga da Canosa a Entrecruces e da rúa Compostela, en Carballo

1 minutes read

A Deputación da Coruña aprobou este venres no último pleno do mandato a asignación dos primeiros 47 millóns de euros do POS+2023, que permitirán financiar 200 obras nos concellos da provincia, e 7 millóns de euros para gastos sociais dos concellos. Grazas a estas achegas, Carballo contará con 195.871,55 euros para o servizo de axuda no fogar, e ademais poderán acometerse as obras da rede de abastecemento de auga dende Canosa (Rus) ata Entrecruces, cun orzamento de 632.306,75 euros. Por outra banda, o pleno da Deputación tamén aprobou un paquete de investimentos en estradas provinciais, entre eles 211.266 euros para a mellora da accesibilidade da rúa Compostela.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?