O Concello de Santa Comba acollerá o vindeiro 21 de outubro o tradicional acto do Día da Muller Rural que a Deputación da Coruña, en colaboración con Fademur Galicia, organiza anualmente nun municipio da provincia e que congrega a máis de 600 mulleres de todos os municipios rurais da provincia da Coruña.
Así o anunciou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, na visita institucional que realizou este luns ao municipio e na que estivo acompañado do alcalde, Alberto Romar, das deputadas de Politica Social e Educación, Mar García Vidal, e de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, e de varias concelleiras e concelleiros do goberno municipal.
Formoso e Romar participaron nun encontro coa asociación de mulleres rurais Céltigas ás que anunciaron que Santa Comba será este ano o concello anfitrión da celebración do Día da Muller Rural, un acto co que a Deputación da Coruña pretende “facer visible e recoñecer públicamente a importante papel das mulleres no rural galego”, explicou o presidente.
O alcalde Alberto Romar agradeceu que a Deputación elixira Santa Comba para conmemorar o Día da Muller Rural 2023 e subliñou o importante papel que, ao longo da historia, veñen desenvolvendo as mulleres de Santa Comba na economía familiar e na dinamización do rural.