A Deputación considera “prioridades absolutas” os investimentos en Ortegal

Estimular a creación de emprego, axudar a reactivar a economía e reforzar os servizos sociais municipais serán as «prioridades absolutas» dos investimentos da Deputación da Coruña tras a Covid19.

Así o anunciou o presidente, Valentín González Formoso, durante a reunión que mantivo en Ortigueira cos alcaldes e alcaldesas da comarca do Ortegal para avaliar o alcance das medidas implementadas polo seu goberno para apoiar aos concellos durante a crise da Covid19.

As achegas da Deputación durante estes meses supuxeron unha inxección económica de máis de 3,2 millóns de euros para os municipios do Ortegal. Entre elas destacar o Plan Único, con máis de 2,4 millóns aprobados para a zona, que permiten aos concellos afrontar gastos esenciais e acometer obras que axudan a reactivar a economía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha