A Deputación contribúe ao mantemento da UAD de Carballo

Foto.- Cedida.

A Deputación da Coruña contribuirá este ano con 30.000 euros ao mantemento da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Carballo.

Esta achega provincial articúlarase a través do convenio que asinaron, na sede da institución provincial, o presidente Valentín González Formoso e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

O presidente da Deputación subliñou que o convenio «contribúe a manter un centro que da servizo a 15 concellos das comarcas de Bergantiños e Costa da Morte e que o ano pasado axudou a 424 persoas» a abandonar os hábitos tóxicos.

Pola súa banda, o alcalde de Carballo agradeceu a colaboración que desde hai moitos anos vén prestando a Deputación para o sostemento do centro.

Ademáis de Carballo, a UAD da servizo a Camariñas, Fisterra, Malpica, Cee, Laracha, Muxía, Ponteceso, Coristanco, Laxe, Cabana, Vimianzo, Zas, Corcubión e Dumbría.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha