A Deputación convoca o Premio Rosalía de Castro para recoñecer a quen traballa polo futuro do galego

Cedida.

O XI Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña convócase con dúas categorías, unha categoría para recoñecer aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que destaque na promoción da lingua galega e outra específica para quen traballa coa dinamización da poboación de menor idade, infancia e mocidade.

Recoñecer iniciativas, traballos ou entidades comprometidas coa promoción e uso do galego é o obxectivo do Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que chega a súa undécima edición. O prazo para presentar candidaturas remata o 30 de abril.

“Esta semana en que se conmemora o nacemento de Rosalía de Castro, para a Deputación da Coruña quere recoñecer ás persoas e colectivos que seguiron a súa estela de dignificación e promoción da nosa lingua e, por iso, nada mellor que o seu nome para premiar a quen traballa polo compromiso co futuro do galego”, sinala a deputada de Normalización Lingüística, María Muíño.