A Deputación da Coruña investirá 10 millóns de euros no programa PEL-Reactiva, unha nova liña do Plan de Emprego Local destinada a apoiar aos autónomos e microempresas da provincia, un dos sectores máis afectados pola pandemia da Covid-19.
A creación do PEL- Reactiva «suporá duplicar o investimento que a Deputación realizará en materia de emprego este ano», segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que presentou o novo plan xunto aos deputados responsables das área de Emprego e Contratación da institución provincical, José Ramón Rioboo e Xosé Lois Penas.
González Formoso explicou que cando chegou á presidencia do goberno provincial en 2015, o investimento da Deputacion en emprego era de 1,3 millóns de euros anuais, unha cifra que se incrementou a 10 millóns anuais coa creación do PEL e que este ano subirá ata os 20 millóns de euros con este novo programa «destinado a paliar os efectos colaterais que a crise sanitaria está a ter no ámbito económico e que pon en risco o tecido productivo dun país como o noso, moi baseado na microempresa», afirmou.