A Deputación da Coruña apoia a creación dun novo centro de coworking en Ames

  • Ames súmase á Rede de Espazos de Traballo Colaborativo que a Deputación está impulsando na provincia e que conta con centros en Oleiros, Carballo, Brión e Boiro

O pleno da Deputación da Coruña aprobou o convenio co concello de Ames para a adquisición dun inmoble que será usado como espazo de traballo colaborativo e que terá como finalidade ampliar e profundizar nos servizos de apoio a iniciativas emprendedoras, proxectos empresariais ou iniciativas de autoemprego, con especial atención ao sector audiovisual. Segundo se recolle no texto do convenio, a Deputación cofinanciará algo máis do 35% dos custes do local, cunha achega de 200.000€.

Ames sumarase así aos concellos de Oleiros, Carballo, Brión e Boiro, onde a Deputación impulsa a creación de espazos de traballo colaborativo de carácter sectorial, adaptados ás necesidades específicas dos sectores profesionais con maior potencial de cada unha das zonas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha