O presidente Valentín González Formoso trasladou aos responsables da plataforma Ramón Veras Castro, Isabel Fouz, Santiago Gradío e Demetrio Vázquez o apoio da institución provincial á manifestación do domingo. Un apoio que foi refrendado no último pleno da Deputación nunha moción presentada polos grupos do PSdeG-PSOE e do BNG, e aprobada co voto favorable de todos os grupos agás o Partido Popular.
Na moción, ademais de sumar o apoio á concentración do domingo, a Deputación insta tamén á Xunta de Galicia “a mellorar o deficiente sistema asistencial na Atención Primaria, que nos últimos anos reduciu o seu orzamento en 140 millóns de euros e perdeu un milleiro de profesionais “.
Formoso instou á cidadanía a participar na mobilización “en defensa dun sistema sanitario público que conta con grandes profesionais, pero que enfronta un grave perigo: que se favoreza a sanidade privada en detrimento da pública. Estou seguro de que domingo haberá un clamor en Santiago para dicir ao goberno galego que non imos a pasar polo desmantelamento do noso sistema sanitario”, afirmou