A Deputación da Coruña apoia aos clubes de remo e piragüismo na compra de vehículos

Foto de arquivo.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, anunciou a inminente apertura desta liña de subvencións, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia a vindeira semana e que permitirá a dez clubes destas disciplinas deportivas renovar os seus vehículos, cunha inversión de 250.000 euros.

“As últimas furgonetas foron entregadas en 2018, polo que a convocatoria atende unha demanda e unha necesidade dos 40 clubes de remo e piragüismo da provincia da Coruña, aos que lles resulta imprescindible contar cun vehículo axeitado para transportar as súas embarcacións e poder adestrar e participar en competicións deportivas”, afirmou Cristina Capelán.