A Deputación da Coruña apoia as actividades de 93 entidades agrarias da provincia

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a resolución dunha das liñas de subvencións dirixidas a entidades asociativas agrarias e labregas da provincia, financiando así con 392.338,46 euros a realización de actividades de 93 entidades.

Estas axudas teñen como obxectivo «impulsar melloras en sectores chave para a economía coruñesa coma o agrario ou o lácteo», segundo afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

Algúns dos obxectivos desta convocatoria son os de desenvolver accións orientadas ao aproveitamento do monte e a prevención de incendios. Foron 93 as asociacións agrarias, labregas, gandeiras e forestais sen ánimo de lucro, así como as cooperativas, sociedades agrarias de transformación e comunidades de montes de man común legalmente constituídas, cun mínimo de 25 socios e con sede en calquera municipio da provincia da Coruña, que recibiron finalmente esta axuda.

As subvencións oscilan entre os 1.000 e os 7.117,39 euros e poden destinarse ao financiamento de contratación de persoal técnico especializado , labores de implantación e acondicionamento de cultivos, rozas, podas ou tratamentos silvícolas para a prevención de incendios, entre outras cuestións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha