A Deputación da Coruña aposta por un entroido en igualdade

Cedida.

A deputada e da área de Igualdade, María Muíño destaca que esta iniciativa «ten como obxectivo contribuír a que o machismo desapareza das festas do entroido, que non haxa hipersexualización das mulleres e disfraces excluentes que marquen a discriminación de xénero e que se desbote o acoso e a violencia das celebracións». A nova campaña forma parte do programa «Por unhas festas en igualdade» que a área de Igualdade da Deputación da Coruña botou a andar no pasado Nadal e que se prolongará ao longo de todo ano arredor das principais celebracións tradicionais do calendario anual.

«Con esta iniciativa queremos que se tome conciencia da necesidade da eliminación do machismo a través de dez reflexións que buscan que desaparezan situacións que se repiten nestas conmemoracións e que forman parte dun machismo que sigue vixente e que se percibe de maneira especial no ámbito festivo», explica María Muíño.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha