A Deputación da Coruña aproba un orzamento de 222 millóns de euros para 2024

1 minutes read

O orzamento foi aprobado este venres no pleno cos 17 votos favorables de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños e o voto en contra dos 14 deputados e deputadas do Partido Popular.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, defendeu que os orzamentos terán como principais prioridades a creación de emprego, o benestar social e o desenvolvemento do rural e destacou a gran importancia de de programas coma o Plan Único de Obras e Servizos (POS+) ou o Plan de Emprego Local (PEL), están sendo fundamentais para a creación de emprego, infraestruturas e oportunidades, en particular nos pequenos municipios da provincia.

Ademáis dos orzamentos, o pleno tamén aprobou por unanimidade as bases e a primeira achega do Plan Único para 2024, que se incrementa a súa partida inicial nun 10% respecto ao presente ano, chegando aos 50,5 millóns de euros. Unha cantidade que, como todos os anos, irá incrementándose ao longo do exercicio para chegar, a finais de ano, a entre 90 e 100 millóns de euros de investimento nos concellos coruñeses.