A Deputación da Coruña aprobará o Plan de Igualdade despois dun proceso participativo e elaboración de diagnose

A deputada de Igualdade e Benestar Social, Ánxela Franco, presentou o informe final do programa «Compartimos plan» que fai unha diagnose arredor das políticas de igualdade nos concellos da Coruña e anunciou a próxima aprobación dun Plan de Igualdade que promoverá actuacións para eliminar a discriminación das mulleres.

«A diagnose marca o camiño que pecharemos coa aplicación do Plan de Igualdade que, non teño dúbida, contará coa unanimidade da corporación para a súa aprobación», sinalou a responsábel da área de Igualdade e Benestar Social, Ánxela Franco no acto de presentación da diagnose da situación dos concellos e do plan de acción en materia de igualdade «Compartimos plan».

A Deputación da Coruña fai pública unha diagnose que, segundo a deputada, «é un documento sobre a realidade do territorio co fin de mudar as cousas, a información flúe neste proceso de abaixo a arriba, para coñecer a realidade e traballar para transcender no tempo, dándolle visibilidade como maneira para cambiar as cousas».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha