A Deputación da Coruña avanza na eliminación de barreiras co programa «Di Coruña Accesible»

A área de Servizos Sociais e Igualdade da Deputación da Coruña que dirixe a deputada Ánxela Franco, presentou as conclusións do programa «Di Coruña Accesible» e as medidas que tomará de cara á eliminación de barreiras. «Trátase dun importantísimo paso adiante na accesibilidade universal desde unha institución», defende Ánxela Franco que sitúa á Deputación da Coruña como institución pioneira en accesibilidade.

Despois de un ano e dous meses de traballo, a área de Servizos Sociais e Igualdade presentou as conclusións do programa «Di Coruña Accesible» ademais do conxunto de medidas a adoptar de cara á eliminación de barreiras na institución. O proxecto foi desenvolvido por Combina Social SLU, empresa participada na súa totalidade por Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), entidade que ten como obxectivo fundamental a inserción laboral de persoas con discapacidade. No acto de presentación das conclusións, ademais da deputada Ánxela Franco, participaron a técnica de Servizos Sociais, Paula Filgueira e Álvaro García e Belén Vaz de Cogami.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha