O concello de Ferrol acolleu a presentación da VIII edición da Gala dos premios Paraugas organizada polo Cluster da comunicación de Galicia e que se vai celebrar o día 17 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol
Os premios Paraugas naceron no ano 2016 e teñen como obxectivo amosar o potencial e poñer en valor o excelente traballo das empresas do sector da comunicación, no ámbito da impresión, o deseño, a creatividade, o marketing e os eventos. Neste anos entregáronse 126 premios, houbo un total de 1.682 candidaturas e 20 profesionais foron homenaxeados.
Na presentación estivo presente o Vicepresidente da deputación da Coruña, Xosé Regueira , o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, a directora da axencia galega de innovación-GAIN, a directora territorial da Xunta e o presidente do cluster do audiovisual.